top of page

A FORMA MUSICAL

A forma musical é a estrutura da música. Analizamos a música para dividila en partes.

 

Para saber qué estrutura ten unha peza musical tes que escoitar con atención fixándote sobre todo en qué partes se repiten.

 

A cada parte diferente asignámoslle unha letra maiúscula: A, B, C, etc. Se atopamos unha parte moi diferente ao principio chamámoslle INTRODUCIÓN, e ao final CODA.

Exemplo

Se a música que imos analizar ten letra é máis fácil atopar a estrutura.

exercicio

Antes de estudiar outras formas escolle unha canción e escribe nun esquema a súa estrutura como no exemplo de Michael Jackson.

Se ves a estrutura dunha canción tamén poderás ver a estrutura doutras pezas de música (o normal e ter que escoitala moitas veces).

ESQUEMA-RESUMO da FORMA MUSICAL

Isto é moi importante !

bottom of page