top of page

PROXECTO 3: lento ou rápido?

TEMPO: é a velocidade

que leva a música

O tempo é a velocidade que leva a música. Non temos que confundilo co ritmo. As semicorcheas poden ir a un tempo lento ou rápido ( o que sí é seguro é que se tocan a dobre velocidade que as corcheas, xa sexa nun tempo rápido ou lento).

Os tempos indícanse coas palabras italianas:

1. Presto

2. Allegro, allegro ma non tropo

3. Adagio

4. Andante

5. Lento

Escoita estas músicas e di a qué tempos soan. Ordenaas de máis rápida a máis lenta.

 

No programa MUSESCORE é posible variar o tempo dunha peza musical para iso debes seguir estes pasos:

Pinchar en VER (arriba, na barra) logo en PANEL DE REPRODUCCIÓN e por último mover a barra que indica o TEMPO, máis arriba ou máis abaixo. Funciona como un metrónomo.

 

TAREFA: Proba a variar o tempo dalgunha partitura ou composición que ti fixeras. Envía á profesora un proxecto teu grabado a dous tempos diferentes. (Terás que enviar dous arquivos)

 

Guillermo Tell - ROSSINI
00:00 / 00:00
Away we go again - The Chieftains
00:00 / 00:00
Canon en Re - PACHELBEL
00:00 / 00:00
O vo do moscardón - RIMSKY KORSAKOV
00:00 / 00:00

METRÓNOMO:

é un aparello que nos sirve para indicar a velocidade do pulso da música. O punto de partida dun metrónomo é

negra = 60

isto significa que en 60 segundos tocamos 60 negras.

De 60 para arriba a música vai máis rápida.

De 60 para abaixo o tempo é máis lento

 

bottom of page