![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
CÓMO FUNCIONA MUSESCORE
É un programa gratuíto que podes descargar no ordenador e serve para crear ou editar partituras.
Con este programa podes crear a túa partitura con aqueles elementos musicais que ti desexes.
Primeiro terás que escoller coidadosamente os instrumentos que queres que soen.
Tamén escolles nun principio a tonalidade que queres (con ou sen alteracións, por exemplo:
1 b: Fa Maior ou re menor, 1 #: Sol Maior ou mi menor. Ningunha alteración: Do maior ou la menor...
Esta última será a opción máis sinxela para empezar.
Unha vez que xa tes creada a partitura base empezarás a escribir a música:
Tes unha barra superior onde seleccionas o ritmo (negras, corcheas, etc. para iso terás que pinchar na letra N. Se non clickas nela non estará activada a barra de ritmo.