top of page

PROXECTO 2

A melodía é a sucesión de notas que forman unha frase musical.

Pode ser de moitos tipos:

1. ondulada

2. en zig zag

3. entrecortada (con silencios intercalados)

 

Observa estas melodías:

MELODÍA

Melodía en zig zag

As melodías en zig zag utilizan intervalos de salto. Intervalo significa:  distancia que hai entre dúas notas. Un intervalo de salto é aquel no que atopamos unha distancia entre dúas notas de máis dunha 3ª, por exemplo do-mi.

Melodía ondulada

Nas melodías onduladas atopamos sobre todo intervalos de grado. Significa que as notas van seguidas. Non hai distancia ningunha entre unha nota e outra. Exemplo: do-re.

Melodía entrecortada

TAREFA: entra en musescore.

1. Vas crear unha melodía. PRIMEIRO escolle o instrumento ou instrumentos que vas utilizar.

Selecciona o compás de 4/4 e crea unha melodía en zig zag. (8 compases)

2 LOGO fai unha con silencios e notas cortas (entrecortada). (8 compases)

3. DESPOIS crea unha melodía con intervalos de grado e o ritmo que a ti che guste. Melodía ondulada. (8 compases)

Envía as tres melodías á profesora (Poden ir en arquivos distintos ou no mesmo arquivo).

bottom of page