top of page

Thinglink,
editor de fotos interactivas


- Date de alta en THINGLINK.


ACTIVIDADE 1: ACTIVIDADE SOBRE OS INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

- Escolle tres instrumentos medievais, un de cada familia de instrumentos. Descarga unha foto de cada un e gardaa no teu pendrive.

- Crea unha única foto en PAINT pegando os tres instrumentos.

- Sube esta foto conxunta a THINGLINK cos tres instrumentos.

- Sinala nos instrumentos as partes principais facendo links ás páxinas que consideres importantes (creación dese instrumento, descripción, nome, orixe, etc.)

- Para nomear a foto utiliza o nome dos tres instrumentos separados por un guión e o teu nome e curso ao final, por exemplo: CÍTOLA-TAMBORIL-GAITA-JULIA 3º A

- Non esquezas enviar a dirección da túa foto thinglink á profesora: jceacabanelas@gmail.com

ACTIVIDADE 2: MAPA DOS COMPOSITORES

 

Sube unha FOTO DO MAPA DE EUROPA. Sitúa os/as principais compositores/as do Barroco musical no seu país, incluso cidade de orixe.

Por exemplo: Jacopo Peri, compositor italiano, nado en Roma. Terás que facer clic en Roma e escribir o nome do compositor na zona de escritura, á esquerda da foto. ENGADE TAMÉN UN ENLACE á WIKIPEDIA con información de cada compositor, ou ben UN ENLACE A YOUTUBE cunha PEZA MUSICAL COMPOSTA POR EL/ELA.

Claudio Monteverdi, Johan Sebastian BACH, Bárbara Strozz,George PhilippTelemann, George Frederich Handel, Francesca Caccin, Antonio Vivaldi, Marc-Antoine Charpentier, Johann Pachelbel, Elisabeth- Claude Jacquet de la Guerra, Jean-Baptiste Lully, Jan Pieterszoon Sweelinck, Michael Praetorius

Ao rematar envía o enlace á profesora.

Exemplo
Exemplo
bottom of page