top of page

Competencia aprender a aprender

Qué lle pasa ao meu cerebro cando aprendo?

Por qué non son capaz de memorizar determinadas cousas?

Por qué non podo concentrarme cando a profesora está falando?

Por qué son capaz de relaxarme cando escoito música?

 

Se podemos responder a estas preguntas, estamos aprendendo a aprender, estamos entendendo cómo funciona o noso cerebro e qué podemos facer para que a nosa forma de aprender sexa máis efectiva.

  • Saber observar e explorar para coñecer

  • Traballar utilizando a postura adecuada

  • Utilizar os materiais e recursos para aprender de forma ordenada e cuidadosa

  • Cuidar a presentación estética

  • Buscar información en diferentes fontes de consulta

  • Seleccionar a información buscada en función de diferentes criterios

  • Organizar a información en función dos propios intereses e para recuperala de forma eficaz

  • Integrar e organizar a información a través de esquemas, mapas conceptuais…

  • Revisar o traballo realizado para melloralo

  • Saber definir os obxectivos dun proceso de aprendizaxe: “Que teño que aprender?”

  • Iniciarse en discriminar o que é importante e secundario dun aprendizaxe

  • Presentar os traballos con orden e limpeza

  • Realizar listas de tarefas e saber priorizalas

  • Saber realizar horarios de traballo eficaces

  • Evitar as interrupcións e os “ladróns de tempo” durante os periodos de aprendizaxe

  • Utilizar estratexias eficaces de xestión do tempo nas probas de avaliación.

  • Utilizar técnicas e hábitos de traballo para planificar e organizar o meu propio estudio

  • Analizar situacións problemáticas establecendo relacións causa-efecto, buscando alternativas e tomando decisións

  • Utilizar os aprendizaxes en situacións diferentes para resolver problemas cotiás

  • Coñecer as propias preferencias e puntos fortes de aprendizaje: cando rindo máis? como aprendo mellor? Etc

  • Autoavaliar o propio aprendizaxe

  • Traballar de maneira autónoma

  • Traballar en equipo de maneira eficaz

bottom of page