a VOZ e o CANTO

Trata de recordar as partes máis importantes que interveñen no proceso do canto.

O músculo do diafragma é bastante grande e ocupa toda a parte baixa das costelas

Copia esta imaxe e intenta nomear tódalas partes

Trata de recordar as partes máis importantes que interveñen no proceso do canto.
Cando cantamos póñense en funcionamento as diferentes partes do corpo que aparecen na foto.
Todos estes elementos agrúpanse en:
- APARELLO RESPIRATORIO
- APARELLO FONADOR
A palabra anatomía fai referencia ás partes do corpo. Aquí imos ver cales son as partes máis importantes do corpo humano que están relacionadas co acto de cantar.
Aquí tes os apuntes da
anatomía da voz e do canto
APARELLO RESPIRATORIO
1. Cavidade torácica: está constituida pola columna vertebral. A el aúnense os doce pares de costelas que se xuntan no esternón pola parte anterior.
2. Diafragma: Na cavidade torácica existe unha gran cantidade de músculos: destacaremos os músculos intercostais que rodean as costelas e o diafragma. O diafragma é o músculo que separa a cavidade torácica da abdominal. É un músculo plano horizontal, en forma de cúpula. O seu nervio chámase nervio frénico.
3. Pulmóns: dentro da cavidade torácica atópanse tamén os pulmóns dereito e esquerdo, que se unen para formar a traquea, esta ten forma de tubo que termina cara arriba na larinxe, na parte anterior do pescozo.
APARELLO FONADOR
4. Larinxe: é o órgano colocado enriba da traquea, na parte anterior do pescozo. A continuación sitúase a farinxe, por detrás da lIngua.
A larinxe está composta de cinco cartílagos, un oso e unha musculatura interna e externa. Os cartílagos constitúen o sostén da larinxe e dos seus repliegues vocais. Estes, xunto co oso e a musculatura, son elementos que interveñen directamente na fonación, así como o nervio recurrente, que conecta as funcións da larinxe co cerebro.
O grosor e lonxitude da larinxe, así como dos repliegues vocais, varía según o sexo, a idade e o tipo de voz. A larinxe máis pequena, repliegues vocais más pequenos corresponde aos nenos, en segundo lugar ás voces de muller máis agudas, como as sopranos, así sucesivamente (contraltos, tenores, barítonos…) e ao final desta progresión atoparíamos aos baixos, coas larinxes de maior tamaño.
5. Cordas vocais: dentro da larinxe atopamos os repliegues vocais, normalmente chamados cordas vocais. Estes repliegues teñen forma doble e son en realidade pequenos músculos. Estas teñen una parte central chamada glotis.
6. A glotis é unha lengüeta colocada enriba da entrada da larinxe que permite cubrila e pechala nos procesos de respirar e tragar.
7. Cavidades de resonancia: a resonancia ocurre en todo o Corpo. Os osos son os mellares resonadores, xunto coa Madeira, pero existen unhas zonas sobre as que a incidencia resonadora é maior; estas son a farinxe, a boca e as fosas nasais.
Na boca atopamos ademáis o velo do paladar, que na súa parte posterior é blando e ten a posibilidade de se mover. A lingua é outro músculo que está no interior da boca, e que formará parte do proceso do canto na fonación e tamén na articulación das palabras.