a VOZ e o CANTO
A palabra fisioloxía fai referencia a cómo funcionan as distintas partes do corpo
O proceso de cantar distribúese en catro pasos ou accións simultáneas:

1. RESPIRACIÓN:
Xeneralmente fálase de tres tipos distintos de respiración:
1. superior, ou clavicular,
2. abdominal,
3. costo-diafragmática-abdominal.
Este último é o recomendado para cantar.
O volumen de aire que entra no corpo, coa axuda da musculatura, deberá ser levado cara á zona costo-diafragmática-abdominal, coa finalidade de que este aire deixe liberada a zona alta do pescozo, onde se atopan as cordas vocais.
A respiración para cantar ten tres pasos: inspiración, suxeción e espiración.
Inspiración: no acto de inspirar o aire debe chegar dende o nariz até os pulmóns.
Suxeción fai referencia ao momento no que se suxeita o aire antes de cantar, coa finalidade de realizar un ataque correcto no momento preciso, non antes ni despois.
Espiración: dende a zona baixa, o aire sairá pola larinxe, na espiración, de forma vertical, producindo o son nas cordas vocais.
O diafragma inservirá neste proceso de inspiración-respiración, axudando a regular a cantidade de aire necesaria para o canto. Consiste en apoiar a columna de aire no diafragma, co obxectivo de que este poida sair sen necesidade de ser empurrado.


2. FONACIÓN
Durante a fonación prodúcense dous movementos simultáneos: a saída do aire, e o achegamento dos repliegues vocais. Nese momento prodúcese o son. Este feito ven dado polos impulsos cerebrais chegados do nervio recurrinte. Nesta orden cerebral inclúense todas as cualidades do son: altura, timbre, intensidade e duración.
O ataque ao inicio do son faise no instante en que os músiculos fonatorios se poñen en tensión ao mesmo tempo que sae o aire.
O vibrato forma parte da fonación. Consiste en pequenas variacións de frecuencia e intensidade que se producen no son. Según Perelló, o vibrato comenzou a introducirse na música no século XIX.
3. RESONANCIA
O son que se produce na larinxe é modificado non só polos movementos desta senon tamén polos movementos que se producen nas cavidades de resonancia: boca e fosas nasais.
O tubo vocal actúa como caixa de resonancia directa sobre o son producido nas cordas vocais. Se o tubo vocal se manten aberto, o son será pleno, a voz estará libre. Para iso será necesario que a mandíbula inferior cuelgue cara abaixo, sen rixidez, ao contrario, de forma moi flexible.

4. ARTICULACIÓN
Consiste en mover os labios, lingua, mandíbula coa finalidae formar os fonemas (vogais e consoantes) do idioma no que cantamos.
O velo do padal manterase elevado na maior parte dos fonemas exceptuando os nasais: m, n, e ñ, nos que permitirá o paso do aire cara as fosas nasais. No fonema l o velo do padal levántase no seu grado máximo.
Aprender a falar (emitir sons e articular as consonantes e vogais) é unha das tarefas que máis tempo nos leva (aproximadamente dous anos), unha vez que xa aprendimos a andar, correr, agarrar cousas... ou utilizar o resto dos músculos do corpo de maneira útil.
Por qué nos leva tanto tempo aprender a falar? En realidade porque esta función do noso corpo é a máis complexa de todas, é a que nos diferencia dos animais, é a que nos da a categoría de animal intelixente, engadindo a isto o feito de que a fala vai unida ao pensamento consciente.

A función da fala ou do canto (que en realidade é a mesma que a da fala) pode describirse así: os movementos das cordas vocais (músculos) están relacionados cunha maior ou menor tensión destes músculos. É un movemento que facemos por imitación, pero en realidade trátase de algo moi complexo. Canto máis aguda é a nota que queremos cantar, as cordas vocais deben tensarse máis ou abrirse máis para seren máis pequenas. Para producir estes movementos nas cordas debemos abrir máis a garganta e así permitir ás cordas que se tensen.