top of page

CÓMO UTILIZAR O PROGRAMA AUDACITY

 

En primeiro lugar debes atopar este icono no teu escritorio.

É un programa gratuito que podes descargar da rede.

Cando fas click no icono aparece esta pantalla

Arriba á esquerda están os botóns que va manexar para grabar, escoitar, parar, etc.

 

RECOMENDACIÓN: non pulses o botón pause porque con ese botón pulsado non poderás utilizar ningunha outra  función do programa.

Comproba que funciona o programa

Cos auriculares postos arrímate ben ao micro, pulsa o botón rec (o vermello) e fala.

 

Logo pulsa stop (amarelo)

e play (verde). Comproba que se escoita o que dixeche.

Importar música

Para importar música tes que ter un arquivo mp3 gardado.

Vai a archivo, importar, audio, e selecciona a túa base de hip hop.

 

Espera uns segundos mentres se carga no programa.

Baixar o volume da música

Antes de grabar o rap coa túa voz, baixa o volume da música pulsando efectos e amplificar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Abrirase unha ventá. En amplificación debes seleccionar - 15,0.

Espera uns segundos.

bottom of page