Quérote + músicoterapia
Quérote +
O programa quérote + estase levando a cabo no IES Agra de Leborís con alumnado de 3º de ESO en varias materias.
A temática deste programa é o desenvolvemento afectivo sexual do alumnado.
A nosa historia sonora
Para ser máis consciente das alegrías que nos da a música, imos repasar cómo o son e a música está presente nas nosas vidas, e como estivo presente no noso pasado e até agora.
As cancións da nosa vida son as que quedan no noso interior para sempre.
Recordas qué cancións ou que tipo de música escoitabas de pequeno? qué cancións te gustaban cando estabas en 2º e 1º de ESO, e cando estabas en primaria? e cando tiñas 5 anos?
Cales son as cancións da túa vida? Fai memoria.
A música nO noso mundo afectivo
Os adolescentes sempre estades escoitando música, a todas horas.
Iso é porque a música é como unha amiga. A música que nos gusta fainos sentir un montón de emocións, felicidade, alegría, compañía, e nunca nos abandona.
Nos peores momentos, a música sempre é unha axuda.
PALABRAS PARA DEFINIR AS EMOCIÓNS
Que palabras podemos utilizar para definir os nosos sentimentos, as emocións que nos produce escoitar a música da nosa historia sonora?
A nosa familia e a nosa historia sonora
Compartimos a nosa historia sonora coa nosa familia?
Parte do noso mundo sonoro é común ao da miña familia?
Onde se formou a túa historia sonora, en casa, no colexio, cos amigos, pola túa conta?
TANTO SE TES UN MUNDO SONORO COMÚN AO DA TÚA FAMILIA COMO SE NON, investiga un pouco.
Pregunta na túa casa, aos teus familiares:
- qué cancións forman parte da súa historia sonora?
- cales eran as cancións que máis escoitaban cando eran nenos ou adolescentes?
- qué outros recordos sonoros teñen da súa infancia?
- entra en youtube e busca algunhas destas cancións. Podes compartir esta búsqueda con eles.
ELABORA O TEU PORTFOLIO
Abre unha carpeta nova e vai descargando nela toda a información que descubras sobre o teu mundo sonoro:
- conclusións persoais
- vocabulario
- datos familiares
- enlaces as miñas cancións, as cancións dos meus familiares, dos amigos, dos compañeiros...
- PRESENTACIÓN PREZI COAS TÚAS CONCLUSIÓNS
O MUNDO SONORO DA NOSA CLASE
Entra en MAIS MUSICA NA LARACHA no apartado LETRAS E CANCIÓNS e consulta cales son as cancións que están escoitando os/as compañeiros/as de clase hoxe.
- qué música compartes con eles/as?
- gústanche todas as cancións? por qué ?
- en qué te fixas máis: na letra, na música, no vídeo, no cantante?
- escolle dúas cancións da túa clase que destacarías por algún elemento en concreto.
CREACIÓN DUN RAP
Cando teñamos o noso portfolio rematado comezaremos a creación do noso rap.
Utiliza todos eses sentimentos, vocabulario, ideas do teu portfolio para crear un rap personal.
1. Buscamos unha base de rap na rede.
2. Escribimos ou recitamos o RAP.
OPICIÓNS DE ESCRITURA DO RAP:
- Escribimos versos de 13 sílabas con acento na última sílaba.
Ex.: teño moitas gañas de saír a descansar.
- Expresamos libremente de forma verbal as ideas que queremos transmitir mentres grabamos o que dicimos. Logo podemos reformalo.
- Escribimos outro tipo de rima.
- A túa versión persoal.
10
10
5
AVALIACIÓN
50Consegue até 50 puntos= 10
VALORACIÓN: limitado/en desenrolo/avanzado/exemplar
A nosa historia sonora
Guión e organización das ideas
Resumo da reflexión
A historia sonora da nosa familia
Guión e organización das ideas
Resumo da reflexión
Palabras para definir as emocións
Número e adecuación
O mundo sonoro da nosa clase
Reflexión e expresión de ideas
Elabora o teu portfolio
Organización da información
Complexidade da investigación e reflexión
Creación dun rap
Orixinalidade da idea
Adecuación do vocabulario
Calidade da interpretación
MÁXIMO 50 pontos = 10
10
5
10
Difusión a través dun programa de radio
Agora temos a oportunidade de mostrar a todo o instituto qué música nos fai vibrar. É música tan intensa para nós que imos compartila.
Para avaliar todos estes items terás que entregar:
1- unha presentación final (podes usar ppt, slideshare, prezi...)e
2- o teu rap grabado.
Na presentación debes mostrar cómo foi o proceso do teu proxecto en cada unha das fases.