top of page

MATERIAL e PASOS

Para este traballo podes utilizar: móvil, ordenador. Ainda que tamén podes usar libreta e boli.

 

 

Estes pasos son só unha guía, ti podes facelo en outra orde ou de outra maneira se o prefires.

 

 

 

Abre unha nova carpeta no teu pendrive. Ponlle un nome para identificalo. Este será o teu portfolio para facer o traballo final (de avaliación)

 

Recomendamos que leves sempre unha libreta pequena e boli para poder anotar tódalas ideas que che veñan á cabeza en calquera momento.

1º PASO

2º PASO

 

 

Comeza a túa reflexión sobre a túa historia sonora.

ANOTA todos eses sons, música... que forma parte da túa historia.

Recordas qué cancións ou que tipo de música escoitabas de pequeno? qué cancións te gustaban cando estabas en 2º e 1º de ESO, e cando estabas en primaria? e cando tiñas 5 anos?

 

Cales son as cancións da túa vida? Fai memoria.

 

 

5º PASO

Pregunta na túa casa, aos teus familiares:

- qué cancións forman parte da súa historia sonora?

- cales eran as cancións que máis escoitaban cando eran nenos ou adolescentes?

- qué outros recordos sonoros teñen da súa infancia?

- entra en youtube e busca algunhas destas cancións. Podes compartir esta búsqueda con eles.

 

FAI TÓDALAS ANOTACIÓN QUE PRECISES

6º PASO

Entra en MAIS MUSICA NA LARACHA no apartado LETRAS E CANCIÓNS e consulta cales son as cancións que están escoitando os/as compañeiros/as de clase hoxe.

 

- qué música compartes con eles/as?

- gústanche todas as cancións? por qué ?

- en qué te fixas máis: na letra, na música, no vídeo, no cantante?

- escolle dúas cancións da túa clase que destacarías por algún elemento en concreto.

 

PODES FACER PREGUNTAS AOS TEUS COMPAÑEIROS SOBRE OS CANTANTES, GRUPOS, CANCIÓNS, ETC.

 

Enlace a Letras e cancións

 

 

3º PASO

Trata de escoitar algunhas desas cancións do pasado.

 

Fai as túas reflexións e anotacións sobre elas na túa libreta ou arquivo.

 

 

 

 

7º PASO

Cando teñamos o noso portfolio rematado comezaremos a creación dun rap.

 

Utiliza todos eses sentimentos, vocabulario, ideas do teu portfolio para buscar un tema e crear un rap personal.

 

1. Buscamos unha base de rap na rede.

2. Escribimos ou recitamos o RAP.

 

OPICIÓNS DE ESCRITURA DO RAP:

- Escribimos versos de 13 sílabas con acento na última sílaba.

Ex.: teño moitas gañas de saír a descansar.

 

- Expresamos libremente de forma verbal as ideas que queremos transmitir mentres grabamos o que dicimos. Logo podemos reformalo.

 

- Escribimos outro tipo de rima.

 

- A túa versión persoal.

 

 

IMOS UTILIZAR O PROGRAMA AUDACITY PARA CREAR E GRABAR O NOSO RAP.

 

4º PASO

Segundo vas anotando cousas ou escoitando música pode ser que atopes vocabulario para expresar as emocións que a música che transmite ou te transmitiu naquel momento.

 

Fai un apartado na túa carpeta sobre vocabulario e vai engadindo as palabras que se che ocorran.

 

 

 

8º PASO

Poñemos en común e autoavaliamos o noso traballo.

 

A tarefa de autoavaliación só é posible facela dende o respeto.

 

Escoita a música dos teus compañeiros respetando tódalas opcións propostas.

PINCHA NA IMAXE PARA APRENDER A UTILIZAR AUDACITY

Entra no apartado Quérote +/ AVALIACIÓN para saber cómo será avaliado este proxecto.

bottom of page