
Tonalidade
DEFINICIÓN: organización xerárquica dos tonos da escala. A relación interválica que existe entre as notas dunha escala dan como resultado unha tonalidade maior ou menor.
TONALIDADE MAIOR:
os semitonos están entre o 3º e o 4º graos da escala e entre o 7º e o 8º.
DO RE MI FA SOL LA SI DO
I II III IV V VI VII I
T T ST T T T ST
Exercicios: coloca diese ou bemol nas notas que o precisen
con qué notas formarías a tonalidade de FA maior?
con qué notas formarías a tonalidade de sol maior?
con qué notas formarías a tonalidade de re menor?
FA SOL LA SI DO RE MI FA
RE MI FA SOL LA SI DO RE
SOL LA SI DO RE MI FA SOL
Tonalidades con alteracións
RE MI FA # SOL LA SI DO # RE
Responde a estas preguntas:
Por qué na tonalidade de Re Maior as notas FA e DO levan díese?
Qué notas levan díese na tonalidade de Sol Maior e por que?
SOL LA SI DO RE MI FA SOL
E na tonalidade de LA Maior?
E na tonalidade de MI Maior?
RELATIVO MENOR /tonalidade menor
Cada tonalidade maior ten un relativo menor. Isto é unha tonalidade menor que está en relación con ela e que comparte o mesmo número de alteracións.
Por exemplo: A tonalidade de DO Maior que non contén ningunha nota alterada, ten o seu relativo menor en La menor. Esta tonalidade tampouco ten ningunha nota alterada.
LA SI DO RE MI FA SOL LA
I II III IV V VI VII I
T ST T T ST T T
Fíxate que na tonalidade menor os semitonos están colocados noutro lugar diferente ao da tonalidade maior.