top of page

MONOGRÁFICO SOBRE UN PERÍODO MUSICAL

Un monográfico é un traballo de investigación que se fai sobre un aspecto en concreto. Como se trata de un traballo en profundidade leva bastante tempo facelo, por iso é importante seguir estes pasos, para organizarse un pouco.

 

 

    1. RECOLLIDA de datos. (Investigar significa buscar en diferentes medios, webs, periódicos, vídeos... e arquivar todo ou apuntalo nun documento ou libreta...)

    2. ORGANIZAR os datos. (Os datos acumulados hai que ordenalos, darlle forma. Podes usar esquemas, mapas conceptuais, liñas da historia...)

    3.PREPARAR A EXPOSICIÓN:

              -Presentación: non esquecer ÍNDICE, MAPAS XEOGRÁFICOS para contextualizar, FOTOS, VÍDEOS, MÚSICA, EXEMPLOS que clarifiquen as ideas, MAPAS CONCEPTUAIS OU ESQUEMAS, BIBLIOGRAFÍA, unha correcta redacción.

              - A páxina PREZI ou o program PPT axudaranche a facer mellor a túa presentación.

 

 

                         ESCOLLE O TEU PERÍODO MUSICAL E EMPEZA A INVESTIGAR!

bottom of page