
CANTO GREGORIANO
Foi o primeiro tipo de música que se escribiu nunha partitura por iso é tan importante.
O Papa Gregorio Magno mandou escribir todos os cantos que se cantaban (por transmisión oral) na Igrexa católica, para que quedara constancia escrita deles. Por iso se chamou a este tipo de música Canto Gregoriano.



Escoita este vídeo e di qué características ten esta música
CARACTERÍSTICAS DO CANTO GREGORIANO:
- Música relixiosa.
- Sempre se canta en latín.
- Canto a unísono (isto significa unha soa voz).
- Canto a capella (isto significa sen instrumentos).
- Só cantaban os homes (as mulleres non podían cantar na igrexa na Idade Media).
- Cantan sen compás. É todo melodía, case sen ritmo.
- A melodía é moi suave, sen intervalos de salto. (De ahí o nome de Canto Chan).
- A PARTITURA: utiliza tetragramas (catro liñas), notación cuadrada, sen clave de sol e sen compás.






HISTORIA DA NOTACIÓN:
1. Ao principio a música escribiuse con NEUMAS, non con notas. Os neumas eran uns debuxos que indicaban se a música subía ou baixaba.
2. Máis adiante empezose a escribir a música en TETRAGRAMAS ( de catro liñas) e con notas cuadradas.
3. O inventor das notas foi Guido D'Arezzo, no século XI.
Canto gregoriano na música actual
Canto gregoriano actualizado.
Cales son as diferenzas?
MAPA CONCEPTUAL
