top of page

TROVADORES E XOGRARES

Durante os séculos XII e XIII, tamén apareceu a música non relixiosa (chamada música profana). 
A música profana eran cancións que se cantaban en lingua vernácula, é dicir nunha lingua que non era o latín, por exemplo: francés, alemán, galego...

 

A DIFERENCIA DO CANTO GREGORIANO,

AS CANTIGAS ACOMPAÑÁBANSE CON INSTRUMENTOS.
 

 


Este tipo de cancións chamábanse CANTIGAS. Os que as cantaban chamábanse xograres ou trovadores. Os trovadores ademáis eran compositores. Os trovadores que colleron máis fama durante a Idade Media foron os trovadores franceses, e tamén os alemáns (minnesingers). Estes trouxeron a música popular medieval a España, sobre todo a través de camiños como o de Santiago.

En España houbo un gran equipo de trovadores arredor da figura de Afonso X O Sabio. Este mandou escribir as Cantigas de Santa María que son máis de 400.

 

VOCABULARIO IMPORTANTE:

cantiga

profano

lingua vernácula

xograr

trovador

goliardo

CANTIGAS DE SANTA MARIA, UN LEGADO SINGULAR

HISTORIA: As cantigas de Santa María foron escritas a mediado do século XIII. Foron encargadas por Afonso X O Sabio ao seu grupo de trovadores, por iso se lle atribúen a este rei.

DEFINICIÓN: É un cancioneiro que contén máis de 400 cancións, todas elas adicadas á Virxe María. Estas pezas narran miragres feitos pola virxen. Ainda que o texto é de carácter relixioso, considéranse música profana (frente ao gregoriano que era a música da igrexa, a única música relixiosa da época).

MÚSICA: Teñen unha única melodía (monodía). 
Normalmente teñen unha estructura basada en ESTROFAS e ESTRIBILLOS, cada un con distinto texto pero sempre coa mesma música, dando así unha estructura como esta: 
A B A B A B, na que A é a estrofa e B o estribillo. Normalmente o estribillo era unha parte máis sinxela que podían cantar todos os presentes, fácil de repetir, e con notas non demasiado agudas. Pola contra, as estrofas suelen ter notas máis agudas e por tanto son máis difíciles de cantar, por iso supoñemos que as cantaba un solista.

Audición: cantiga de Santa María nº 10: Rosa das rosas. 

 

Rosa das rosas e

flor das flores

dona das donas

señor das señores.
                                          

 

Rosa de beldad e de parecer

e flor da alegria e de prazer

dona en mui piadosa ser,

señor en toller coitas e doores.

 

 

Rosa das rosas

e flor das flores

dona das donas,

señor das señores.
                              

 

No mesmo cancioneiro das Cantigas de Santa Maria (s. XIII), apareceron unha serie de debuxos a todo color chamados MINIATURAS.

Estes debuxos representan persoas tocando instrumentos. Ofrecen moita información sobre a música medieval xa que gracias a estas miniaturas supoñemos que as cantigas se acompañaban con instrumentos, e cales eran estes, así como de que maneira se tocaban e incluso que personaxes os tocaban: nobres, xograres, etc.

Santa María, strela do día

móstranos vía per a Deus

et nos guía.

Caveer facelos errados

que perder foran per pecados

entender de que mui culpados son

mais que ti son perdoados

Da ousadía que lles facía

facer folía máis que non debería.

Santa María, strela do día...

Instrumentos medievais,

En parellas, podedes agrupalos por familias?

Estribillo: A

Estribillo: A

Estrofa: B

Estrutura: A   B   A ....

bottom of page