



Música e medios de comunicación
Publicidade
Definición
Trata de responder estas preguntas:
Como podemos definir a publicidade:
Que debemos ter en conta para facer publicidade?
Que elementos interveñen no proceso publicitario?
Que recursos utilizan os anuncios para chamar a atención do consumidor?
Que tipos de publicidade coñeces?
Cal che parece máis efectivo?
Qué outros elementos se colan na publicidade?
A publicidade utiliza os mesmos elementos que calquera outro proceso comunicativo:
EMISOR ____________MENSAXE______________RECEPTOR (CÓDIGO)
A publicidade é un tipo de comunicación que pode utilizar diferentes linguaxes:
imaxe, texto, música e outros recursos sonoros...
MEDIOS
PRENSA:TEXTO + IMAXE
RADIO: SON + (IMAXE MENTAL)
TELEVISIÓN, CINE, INTERNET: SON + IMAXE EN MOVEMENTO
PRENSA: é o método máis tradicional para inserar publicidade nun medio de comunicación. Normalmente fai unha selección xeográfica (local, rexional, nacional...) ten unha permanencia de 12h aproximadamente e pode dar bastante información.
RADIO: é un medio áxil para difundir información e publicidade. Chega a moitos fogares, coches, traballo... e en moitos momentos do día cando non se pode ver a televisión. O inconveniente é que non pode utilizar a imaxe.
TELEVISIÓN/CINE: é son e imaxe en movemento. MOI atractivo para calquera. É o medio máis visto e o máis efectivo. Tamén é o máis caro ainda que se amortiza o custo ao ser difundido a unha gran cantidade de xente.
INTERNET: é un medio moi actual. A gran cantidade de publicidade fai que se produza unha contaminación visual que provoca un rechazo xeneralizado no usuario. Utiliza imaxe e son.
Exercicio 1: colle un periódico e fai un índice das súas seccións nun documento de WORD.Logo engade en cada unha das seccións que tipo de anuncios aparecen.
Ves algunha relación entre cada sección e o tipo de anuncio que publica?
Comenta as túas conclusións.