
Publicidade sexista
DEFINICIÓNS PREVIAS:
ESTEREOTIPO: idea aceptada como normal pola sociedade con carácter innmutable.
FEMINISMO: ideoloxía que reclama a igualdade das mulleres e os homes
IDEA RESUMO: Tres formas de sexismo na publicidade:
1. Identifica á muller coas tarefas do fogar
2. Utiliza á muller como un obxecto sexual.
3. Califican á muller como un ser inferior. Mira estes tres anuncios:¿son anuncios sexistas?¿dos tres tipos de sexismo mencionados, cal utilizan estes?
O sexismo é un contido SUBLIMINAL da publicidade. Isto significa que unha información chega á nosa mente sen que nós sexamos conscientes de que a estamos aprendendo.
Pero ademáis do sexismo hai moita máis INFORMACIÓN SUBLIMINAL na publicidade. Descubramos cal.
O obxectivo deste exercicio é que comprendamos as diversas posibilidades que ten a imaxe para transmitir IDEAS, VALORES e SENTIMENTOS e así comprender os modelos e comportamentos que de maneira estereotipada se nos queren transmitir.
Escolle un dos tres anuncios anteriores e trata de responder estas preguntas en parella, coa axuda un compañeiro ou compañeira.
Que recurso principal utilizan estes anuncios?
Quen son os personaxes?
Podes describir por que razón os consideramos racistas?
Utilizan algunha expresión ou frase estereotipada?
Que imaxes plasman de mulleres e de homes?
Qué emocións, sentimentos e valores asignan a unhas e a outros?
A quén van dirixidos?
Que estereotipo representan?
Qué producto venden?
Coñeces algún anuncio dun producto similar que evite o sexismo na publicidade?
Exemplos de publicidade non sexista