top of page

Recursos e estratexias utilizados na publicidade

IMAXES: cando o medio o permite o ritmo das imaxes é moi importante para darlle interese ao anuncio.

Neste caso o ritmo das imaxes vai acompañado do ritmo musical que vai crecendo en intensidade e velocidade para dar sensación de acción e alegría.

MÚSICA: aparece no 90 % dos anuncios. Ten múltiples funcións.

 

NARRACIÓN ou story telling: argumentos para demostrar que un producto é bo.

COMPARACIÓN: compáranse dous productos coa idea de que un é mellor que outro.

HUMOR: estes son os mellores porque o público quere volver a velos moitas veces.

FINAL INESPERADO: a sorpresa é outro dos recursos máis válidos na publicidade.

Unha vez definidos os tres factores iniciais: tipo de producto que se anuncia, tipo de receptor e obxectivo, pásase á elaboración da idea. Disto depende o éxito ou fracaso do anuncio. O máis importante: CÓMO SE FAI, qué RECURSOS e IDEAS utiliza.

IDENTIFICACIÓN: o receptor se identifica co protagonista do anuncio, pode haber identificación cun grupo social, sexual, cunha situación...

SLOGANS: son excepcionais porque perviven na historia, igual que a música.

 

Se derrite en tu boca no en tu mano

El milagro anti grasa

Un gran vaso de leche en cada tableta

La ilusión de todos los días.

O MÁIS IMPORTANTE É TER UNHA IDEA CREATIVA.

ATOPA ANUNCIOS QUE ESTEAN BASADOS NOS RECURSOS ESTUDIADOS.

 

  • Un anuncio que chame a atención polo recurso do humor.

  • Un anuncio que conte unha historia

  • Un anuncio cun recurso moi novedoso-sorprendente

  • Un anuncio dividido en dúas partes.

  • Un anuncio cunha idea brillante.

 

ANALIZA TAMÉN O RECEPTOR DESES ANUNCIOS

bottom of page