top of page

Funcións da música nos medios de comunicación

Ademáis do jingle que xa mencionamos e que definimos como un fragmento musical feito específicamente para identificar un producto con esa música, na publicidade tamén se utiliza a música xa composta con disferentes obxectivos, algo parecido ao que pasa no cine, xa que se trata de música engadida á imaxe. Isto utilízase na publicidade para chegar ao repector cun maior impacto.

 

Algunhas das funcións máis importantes da música na publicidade son:

Expresar emocións: todas as persoas teñen algún tipo de relación coa música. A case todo o mundo lle gusta escoitala ainda que en diferentes estiolos. Por iso, tanto no cine como na publicidade a música ten ese poder de evocar emocións: tristeza, alegría, medo... que xunto coa imaxe dan máis impacto ao contido que se quere transmitir. No anuncio de BMW o protagonista é a música e a paisaxe. Crean unha sensación de relax como a que se supón que tes cando conduces un BMW.

 

 

 

Identificación: especialmente nalgúns sectores da sociedade como a xente nova, a música serve para identificarse cun modelo. (anuncios de Fanta)

Isto é utilizado polos publicistas á hora de buscar as sintonías dos seus anuncios. A música clásica asóciase con xente máis madura. (Anuncios de coches de gama alta).

 

 

 

Crear un ambiente específico: A música pode transportarte a unha situación determinada: circo, boda, oeste, China. No anuncio de Lee nos transportan directamente ao oeste americano.

 

 

 

 

 

Un tipo de identificación: o Jingle: o jingle como xa vimos é unha música creada especialmente para un anuncio publicitario. Este é tamén un tipo de identificación. Pretenden crear unha identificación entre un producto e a súa música. Cando escoitamos esa música sabemos de qué producto están falando.

 

Utilízase na publicidade como medio para facer recordar ao espectador o producto vendido: moitas melodías de anuncios permanecen nas nosas cabezas anos... Famosa, coca-cola, nocilla, e outros moitos, que gracias á música seguimos recordando.

 

 

 

Anuncios que usan a música como recurso principal

Estes 2 exemplos son anuncios baseados na banda sonora da Guerra das Galaxias

Outro exemplo no que se utiliza a música como recurso

Uso do silencio na publicidade,

cres que este anuncio chama a atención do consumidor? por que?

Elección da música en función do destinatario

(posible consumidor)

A música e os protagonistas indican que o anuncio está diseñado para xente nova
A música e a narracións indican que o anuncio está diseñado para xente maior

PROPOSTA DE EXERCICIO:

 

1. Cando vas de tendas, toma nota: ¿qué estilo de música sona en cada unha das tendas nas que entras? ¿en qué momento do día visitache esa tenda? ¿había pouca ou moita xente? ¿qué tipo de xente estaba na tenda: maiores, xóvenes, homes, mulleres?

 

 

Nome da tenda

Hora

Tipo de xente

Tipo de música

 

 

2. Qué significa a palabra consumismo?

 

3. Qué significa a palabra globalización? Podes decir qué é a globalización musical?

 

Nos últimos cen anos e por diversas causas- políticas, tecnológicas, empresariais- a música occidental ten o seu centro nos países anglosaxóns: Reino Unido, e sobre todo EEUU. Dende o jazz e o Rock and Roll, as principias novedades na música popular urbana producíanse alí. Isto contribuiu a extender o inglés por todo o mundo, xa que todo o mundo escoitaba esa música.

 

Sen embargo a producción musical nacional non chega a ter tanta extensión no extranxeiro. Pensa, cántos cantantes franceses, noruegos, gregos, etc. coñeces que canten na súa propia lingua?

 

 

4. Comenta cales son as diferencias principais entre unha comunicación ordinaria e a comunicación na publicidade.

 

 

 

 

APRENDEREMOS MÁIS SOBRE AS FUNCIÓNS DA MÚSICA ACOMPAÑANDO Á IMAXE CANDO ESTUDIEMOS A MÚSICA E O CINE.

bottom of page