top of page
Introdución

O Barroco comeza no ano 1600 xa que se estrena a primeira ópera da historia: ORFEO do compositor MONTEVERDI. Remata en 1750 cando morre Bach e os seus fillos xa escriben nun estilo musical moi diferente ao do seu pai, que será o estilo do Clasicismo.
O Barroco é un período de 150 anos no que se compón música de estilos moi diferentes. Así, no ano 1600 compositores como Peri, Monteverdi empezan a experimentar coa ópera, e ao redor de 1750 outros como Handel xa escriben óperas moito máis complexas e de gran riqueza melódica.
En 1750 morre un dos grandes compositores do Barroco: Johan Sebastian Bach. Compuxo todo tipo de formas musicais, excepto óperas.
bottom of page