top of page

Características

da música

entre 1600 e 1750 entre

​1-Nace a ópera

 

Un dos maiores acontecementos na historia da música é a aparción da ópera. Nunca antes de 1600 se lles ocurrira aos músicos mezclar teatro e música desta maneira.

 

A primeira ópera foi escrita por Monteverdi, estrenouse en Italia en 1600. Por este fenómeno tan importante considerouse esta data como a do inicio do Barroco.

 

A propósito da aparición da ópera tamén naceu a figura do MECENAS. Eran persoas de diñeiro que pagaban (ou mantiñan) aos músicos polo seu traballo. Isto deulle unha importancia á música que antes non tiña.



 

​2- Aparición do Baixo contínuo

(nova textura: melodía acompañada)

 

Coa ópera nace unha nova forma musical a melodía acompañada por un baixo que se repite, chamado baixo contínuo.
O
BAIXO CONTÍNUO (piano, cello ou instrumento de son grave) é unha serie de acordes que acompaña a unha melodía.

3- Aparición da orquestra


Os instrumentos cobran moita importancia.
Cada vez os constructores de instrumentos melloran as cualidades dos mesmos. O constructor de instrumentos chamado
Luthier é unha figura moi importante nesta época.

Aparecen composicións só para instrumentos como por exemplo os CONCERTOS, moi famosos os de Vivaldi.


 

4- Aparece a TONALIDADE

Por primeira vez na historia aparece tamén o acorde e a TONALIDADE. Isto significa que cada tema musical podía estar en diferentes tonos: Do maior, LA maior, mi menor, re menor, etc.

 

A tonalidade é algo moi importante para facer a música rock. Toda a música do século XX non podería existir se non se inventara o acorde e a tonalidade.

Escoita o Canon en Re Maior de Pachelbel. É unha peza para orquestra na que se toca todo o tempo a mesma serie de acordes.

 

       REM      LAM      Sim     Fa#m     SOLM      REM      SOLM     LAM

5- Adornos e contrastes



- Moitos adornos na música e no arte en xeral.
- CONTRASTES de todo tipo:

            instrumentos (vento-corda),

            intensidade (forte-piano),

            velocidade (rápido-lento), etc.


 

Neste concerto: Primavera de Vivaldi podes apreciar todos estes contrastes dos que falamos.

© 2023 by Little Tots Preschool.

Proudly created with Wix.com

bottom of page