Ópera
DEFINICIÓN:
É a forma vocal non relixiosa máis importante até o momento.
Está escrita sobre un libreto de teatro ao que se lle pon música. A primeira ópera estrénase en torno a 1600.
PARTES dunha ópera:
Obertura: parte instrumental ao inicio da ópera (tócaa a orquestra antes de empezar a trama).
Aria: o que cantan os solistas (normalmente é moi melódica e o solista pode lucir moito a súa voz).
Recitativo: o que cantan os solistas como se falaran.
Dúos, tríos: son como as arias pero con dous ou tres cantantes.
Coros: un gran grupo de personaxes (poden ser sirvientes, soldados...) que cantan a varias voces.

Foi a primeira ópera da historia, estrenouse en Mantua no ano 1600.
Orfeo é un personaxe mitolóxico.
Está namorado de Eurídice. Cando ela morre pola picadura dunha perpiente, él non dubida en baixar aos infernos a buscala.
Orefo, Monteverdi
Rinaldo, Handel
É unha ópera moi diferente a Orfeo, xa que foi estreada en 1711, cando o barroco xa estaba bastante avanzado.
Nela destacan as arias para os solistas da época que normalmente eran castratis.

Farinelli foi un dos últimos castrati da historia. Chegou a cantar para o rei de España.
Un castrati era un home que era castrado de pequeno para que a súa voz non perdera os agudos. Esta práctica prohibiuse a partir de 1861.
CASTRATI
Esta práctica comezou no século XVII pola tradición medieval de non deixar cantar ás mulleres na igrexa. As voces agudas debían ser cantadas polos nenos. As familias con fillos que mostraran dotes para o canto veían neles unha maneira de gañarse a vida e consentían para que lles fixeran esta operación.
En 1861 a castración pasou a ser ilegal e afortunadamente perdeuse esta tradición tan traumática para os nenos que a sufrían. Sen embargo o último castrato (do que se conserva incluso algunha grabación) viviu até 1922.
PHILIPPE JAROUSSKY
Aquí podes escoitar a un cantante (contratenor) que está de moda hoxe en día.
Chámase Philippe Jaroussky e canta arias de ópera barrocas, neste caso de Vivaldi.
CONTRATENOR: é un tipo de voz de home e consiste en cantar de falsete.
O contratenor estudia papeles de ópera que normalmente cantaría unha contralto (voz grave de muller que casi non existe).
ORATORIO
Os oratorios tiñan a mesma estructura dunha ópera, con solos, tríos, arias, coros, etc.
As diferencias con respecto á ópera son dúas: o oratorio fala sobre temas relixiosos e ademáis non se representa. Os músicos fan unha versión concerto, sen escenografía.
Handel fíxose famoso en Inglaterra por compoñer este oratorio en inglés.
Esta parte é o aleluia, a sección máis coñecida, para coro a catro voces